badoca.- (Á marxe doutros significados coñecidos e recollidos) Pataca.
Lugar de escoita.- Pola zona de Corme, Tal, etc.
Fonte.- Alfonso Álvarez Cáccamo.
Outros apuntamentos.- Adoita empregarse en plural.
banzoeira.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Espiga de millo que ten o gran miúdo e o carozo gordo.
Lugar de escoita.- Cerceda (A Coruña).
Fonte.- Ricardo Orxeira Lista.
cacharrón.- Variedade de uva xa desaparecida.
Lugar de escoita.- Pesqueiras (Salvaterra).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
gafo/a.- (Ademais de significados xa rexistrados) Dise da froita cando está verde.
Exemplo: “A pera aínda non vale para comer, está gafa!”
Lugar de escoita.- Neiras (Sober).
Fonte.- Emilio Rodríguez Aldegunde.
Outros apuntamentos.- Enviado desde o Centro de Día Vida (Monforte).
grois.- Amora(s).
Lugar de escoita.- A zona de Corme (Ponteceso).
Fonte.- Nela.
llourbaga.- Lorbaga, froito do loureiro.
Exemplo: "A Antón encántanlle as llourbagas."
Lugar de escoita.- Boal (Asturies).
Fonte.- Daniel GV.
virulete.- Flor do azafrán.
Lugar de escoita.- O Páramo (Lugo).
Fonte.- Suzana do Páramo.