LINGUA

"Cada vez se fala menos galego. Nen Franco conseguiu máis"

ATAQUE DE BESTEIRO A FEIJóO POLA SúA POLíTICA LINGüíSTICA

"Cada vez se fala menos galego. Nen Franco conseguiu máis"

O secretario xeral do PsdG, José Ramón Gómez Besteiro, ataca a política lingüística de Feijóo. “Cada vez se fala menos galego”, sinalou para engadir que “nin Franco conseguiu máis” que o actual presidente da Xunta. 

Ramón Gómez Besteiro
photo_camera Ramón Gómez Besteiro

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, arremeteu contra a política lingüística de Feijóo, a quen acusou de “reavivar un conflito” que non existía antes de chegar no 2009 á presidencia da Xunta. “Cada vez se fala menos galego”, afirmou, para, a continuación apuntalar a acusación dicindo que “nin Franco conseguiu máis” [destrución da lingua].

Acusou tamén a Feijóo de ter acabado co “consenso” que, ao seu ver, tería promovido Fraga desde a presidencia da Xunta.

Besteiro, informa Europa Press, gabou a Fraga de quen dixo que con el na presidencia da Xunta ficaban garantidos o “equilibrio, a potenciación do galego e un enorme consenso sobre a normalización lingüística”.

O secretario xeral do PSdeG lamentou que Feijóo, como adoita, fuxa das súas obrigas institucionais, tamén en materia da lingua. Veu dicir o dirixente socialista que o presidente da Xunta sempre bota balóns fóra, neste caso deitando toda responsabilidade normalizadora "nos pais e nas nais".

Besteiro cualificou a situación do galego como “dramática” e engadiu que di moito “de como o presidente da Xunta entende e concibe este país”. 

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios