Un grupo de antigos alumnos da Escola de Náutica marchan da homenaxe á súa promoción por ser en galego

“No tiene verguenza, usted aquí tiene que hablar en castellano”, díxolle un deles ao representante da Universidade cando interviña en galego.

nautica galego
photo_camera Captura do vídeo de La Opinión.

Antigos alumnos da Escola de Náutica abandonaron a homenaxe de 50 aniversario da promoción do 68 porque nesta se estaba a falar en galego. “No tiene verguenza, usted aquí tiene que hablar en castellano”, espetou desde o público un exalumno ao secretario xeral da Universidade da Coruña cando este estaba intervindo en galego. “Hay gente de fuera”, dixo, mentres abandonada a sala, acompañado dun reducido grupo de persoas.

Os feitos están reflectidos nun vídeo que publica o xornal La Opinión de A Coruña. No mesmo tamén pode verse como o secretario xeral da Universidade, Carlos Aymerich, defendía o seu dereito a intervir no acto en galego e lembrando que esta lingua era a lingua da UDC, que era unha das institucións presentes, canda Concello e Xunta.

Comentarios