A xunta militar de Níxer procesará o presidente derrocado Mohamed Bazoum por "alta traición"

Bazoun, deposto o 26 de xullo, actualmente está retido polos golpistas na súa residencia na capital do país, Niamey.
O presidente derrocado de Níxer, Mohamed Bazoum, nunha intervención ante o plenario da ONU. (Foto: Europa Press)
photo_camera O presidente derrocado de Níxer, Mohamed Bazoum, nunha intervención ante o plenario da ONU. (Foto: Europa Press)

A xunta militar que goberna Níxer tras o golpe de estado de finais de xullo, anunciou na madrugada desta segunda feira que procesará o presidente derrocado Mohamed Bazoum por “alta traizón”.

De acordo co coronel maior da Forza Aérea de Níxer, Amadou Abdramane, o novo goberno do país "recolleu probas para procesar o presidente derrocado e aos seus cómplices locais e estranxeiros ante as instancias nacionais e internacionais competentes por alta traizón e por socavar a seguridade interior e exterior de Níxer".

Cabe lembrar que Bazoun, deposto o 26 de xullo, actualmente está retido polos golpistas na súa residencia na capital do país, Niamey.

Ademais, ante as ameazas dunha posíbel operación militar estranxeira para restituír Bazoum, os representantes da xunta militar, cos que a principios desta semana se reuniu a subsecretaria de Estado dos EUA para Asuntos Políticos, Vitoria Nuland, advertiran de que matarían o mandatario derrocado en caso de calquera intento de intervención militar.

"Continua deterioración"

Os oficiais á fronte do Consello Nacional por Salvagarda da Patria (grupo militar que goberna o país) alegan que o golpe de estado contra Bazoum se debeu á "continua deterioración da situación de seguridade" e á "mala xestión económica e social".

Comentarios