Xapón detecta unha nova variante do coronavirus en catro viaxeiros procedentes do Brasil

Detectan no Xapón unha nova variante do coronavirus en catro viaxeiros procedentes do Brasil
Cidadás e cidadáns transitan coas súas máscaras por Tokio, capital do Xapón (Foto: Rodrigo Reyes Marin / ZUMA Wire / Dp / DPA)
photo_camera Cidadás e cidadáns transitan coas súas máscaras por Tokio, capital do Xapón (Foto: Rodrigo Reyes Marin / ZUMA Wire / Dp / DPA)

As autoridades sanitarias do Xapón informaron este domingo, 10 de xaneiro, de que unha nova variante do coronavirus foi detectada na illa en catro viaxeiros procedentes do Brasil, o que supón un salto nos movementos da pandemia. 

A nova variante é diferente das que se atoparon por primeira vez no Reino Unido e Sudáfrica, aínda que as tres teñen algunha mutación en común, dixo Takaji Wakita, director do Instituto Nacional de Enfermidades Infecciosas. 

"Entendo que se atopou unha nova variante, diferente ás de Reino Unido e Sudáfrica", dixo Wakita nunha sesión informativa do ministerio de Saúde.

As autoridades sanitarias xaponesas están a estudar as características da nova variante, así como a eficacia das vacinas para deter a súa propagación e a gravidade dos seus síntomas.

Os castro pacientes que voaron desde o Brasil deron positivo por Covid-19 no aeroporto e foron sometidos a exame. Foi entón cando se coñeceu a nova cepa mutada. O Ministerio sinalou que non hai evidencias polo de agora de que a nova variante poida ser altamente infecciosa.

Atrás queda o pasado 14 de decembro, cando as autoridades británicas deron aviso á Organización Mundial da Saúde (OMS) da detección dunha nova cepa do coronavirus, que tería maior facilidade para propagarse.

Comentarios