A denominación máis axeitada para o País Vasco: véxase Euskadi, Euskal Herria ou “Vascongadas” volve ser motivo de lea hoxe na plataforma social Twitter. A palabra “Vascongadas” converteuse enseguida nun dos trending topic da tarde cun debate con acusacións mutuas.
Após de que hai unha semana o uso de “Vascongadas” por parte de Vox para referirse a Euskadi se fixese tema do momento con motivo do debate dos orzamentos xerais do Estado e da participación dos partidos vascos, hoxe volveu ser día de discutir o nome.
Os chíos nun e noutro sentido completaron moitos taboleiros co polémico cancelo “#vascongadas”. Mentres que un grupo de persoas defende o uso desta expresión, outra parte da comunidade incidiu en que o correcto é falar de “Euskadi” ou “Euskal Herria”.
Mesmo houbo contas que lanzaron enquisas que espertaron certo odio entre as partes, facendo do hashtag algo así coma unha provocación para o sentimento nacionalista euskera.
Chegouse a botar man da Constitución para falar de que “Vascongadas” estaba aceptado, pero houbo quen tamén compartiu o estrato do documento no que, en ningún momento, aparece esa nomenclatura.
Así ao longo das últimas horas o tema foi acumulando posicións políticas até concluír que “é un uso pexorativo” da dereita e de partidos como Vox.
De feito, algunhas opinións lembraban que a fórmula era propia “da ditadura de Franco” e que agora era rescatada por “Vox”.