luns 26/10/20

Uruguai recortará o soldo de funcionariado para recadar fondos contra o coronavirus

O presidente de Uruguai, Luís Lacalle, anunciou unha rebaixa salarial de até 20% en soldos que tamén afectará ás pensións vitalicias.

Luis Lacalle, presidente de Uruguai (Europa Press).
Luis Lacalle, presidente de Uruguai (Presidencia de Urugua).

O presidente de Uruguai, Luís Lacalle Pou, anunciou un novo paquete de medidas económicas para facer fronte aos efectos colaterais da pandemia de coronavirus, cun recorte para todos os soldos e pensións públicas superiores aos 80.000 dólares anuais netos.

"Os máis vulnerábeis van ser os máis privilexiados, ou mellor dito, os máis atendidos", argumentou Lacalle Pou, que desde o inicio da pandemia aprobou un paquete de medidas valorado en 300 millóns de dólares, equivalente a 0,7% do Produto Interior Bruto (PIB) dese país.

Nun intento por buscar fondos, anunciou unha rebaixa salarial de entre 5% e 20% para soldos públicos que afectará a altos cargos actuais -incluídos membros do Goberno- e pensións vitalicias.

A recadación estímase que será, segundo fontes do executivo, de entre 15 e 20 millóns de dólares (13,6 e 18,1 millóns de euros). Con este diñeiro, crearase o Fondo coronavirus, do que o Goberno aspira a obter fondos cos que facer fronte ao brote.

Lacalle admitiu que o recorte salarial non basta para cubrir as necesidades, mais sinalou que é "solidariedade pura para a xente".

O presidente asegurou que "non é unha medida simpática, mais entendemos que é solidaria", que non descarta mobilizacións por parte dos funcionarios públicos. En Uruguai a pandemia da Covid-19 suma xa 238 casos.

comentarios