A UE lémbralle ao Estado español da "ilegalidade" das devolucións 'en quente' de migrantes

O comisario de dereitos humanos advirtellle a Madrid que debe cumprir coa lexislación de dereitos humanos.

"Fica claro que esta práctica non se axusta á legalidade nen da UE, nen do Consello de Europa nen das Nacións Unidas", así se pronunciou Nils Muiznieks, Comisario europeo de Dereitos Humanos en relación ás devolucións 'en quente'. Unha práctica que Madrid desenvolveu en diversas ocasións e que pretende normalizar através da aprobación da Lei de seguridade cidadá

Neste senso, insta o executivo de Mariano Rajoy a procurar "unha solución" que garanta o cumprimento da lexislación internacional e pois de saír adiante a reforma, sinalou en comparecencia de imprensa Nils Muiznieks, sentaría "un precedente moi negativo.

Comentarios