A tripulación do Marianne, en liberdade

As 7 persoas que permanecían na prisión de Givon foron deportadas entre o 2 e o 6 de xullo.

[Imaxe: BDS-Galiza]
photo_camera [Imaxe: BDS-Galiza]

O conxunto da tripulación do Marianne, principal buque da III Flotilla da Liberdade abandonou xa a prisión de Givon onde foran detidas após a abordaxe da embarcación por parte da armada israelita. 

Segundo informan desde Rumbo a Gaza, a Coligazón internacional da Flotilla está a traballar nun comunicado de imprensa que dará por rematada a misión. O seu obxectivo, avanzan, "para alén de rachar o bloqueo marítimo pretendía rachar co bloqueo mediático ao que está exposta a causa palestiniana e, así" dar a coñecer "a grave situación que atinxe 1,8 millóns de persoas na Faixa de Gaza". 

Após seren postos en liberdade Mate Gustav Bergström e Joel Opperdoes, capitán do ‘Marianne’, as dúas últimas persoas liberadas, Ship to Gaza deu a coñecer novas imaxes do asalto á embarcación gravadas por un dos tripulares. 

Comentarios