Os soldados da Unión Europea sairán definitivamente do Sahel

As tropas estadounidenses marcharán de Níxer

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen. (Foto: Aurore Martignoni / European Commi / DPA vía Europa Press)
photo_camera A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen. (Foto: Aurore Martignoni / European Commi / DPA vía Europa Press)

O 18 de maio, cando expira o mandato da misión militar da Unión Europea (UE) en Malí, rematará ao tempo a presenza de tropas do bloque comunitario na rexión do Sahel, logo de que esta semana as reunións de carácter técnico ao respecto en Bruxelas acabaran sen acordo, reportou a quinta feira o xornal El País.

O principal rexeitamento tería procedido de Francia, Estado do que se están a apartar varias ex colonias que o acusan de inxerencia, no marco do que París non acepta prolongar a misión para formar tropas locais que comezara en 2013, e que xa fora reducindo a súa dotación.

Nos últimos anos, os militares franceses foron expulsados de Malí, Burkina Faso ou Níxer. Este último país, liderado por unha Xunta Militar que tomou o poder nun golpe incruento que derrocou un aliado occidental, comunicou que os Estados Unidos aceptaron a súa decisión de revogar os acordos militares, que sustentan a despregadura dos seus soldados e mercenarios no país, polo que presentará un plan de retirada das súas forzas.

En paralelo, a Xunta Militar abordou con Rusia como reforzar a cooperación en seguridade.

Comentarios