Segundo informa The Guardian, Bashar al-Assad declarou á axencia de noticias Interfax que a decisión non ten coma orixe as ameazas militares estadounidenses, mais si os "esforzos diplomáticos" de Rusia.
Al Assad elixiu precisamente unha canle televisiva estatal rusa - Rossiya-24 - para comunicar a súa decisión e recoñecer de xeito oficial a existencia do armamento químico [na recente entrevista co xornalista norteamericano Charlie Rose, nen afirmou nen negou que tivese esas armas, limitouse a argumentar que ese era un asunto militar do que non se podía falar en público].
Assad tamén declarou a Rossiya-24 que Siria negociará nas Unións Unidas un acordo sobre a forma en que se procederá á entrega do seu armamento químico.