Puigdemont anuncia no “Financial Times” que o Govern xa conta con máis de 6.000 urnas

O xornal británico sinala que os contrarios á independencia quixeron aproveitar os atentados en Barcelona para forzar ao Govern a abandonar o referendo, pero Puigdemont advirte que non o frearán as amezas de cárcere.

 

Orzamentos. Referendo. Pleno Parlament Catalunya. Puigdemont. Junqueras
photo_camera Carles Puigdemont, xunto a Oriol Junqueras nun pleno do Parlament de Catalunya.

A cinco semanas da votación do próximo 1 de outubro, o presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, avanzou onte no xornal Financial Times que o Govern xa dispón das urnas precisas para desenvolver a xornada electoral. “Temos máis de 6.000 urnas, non vexo como o Estado pode detelo [o referendo]”, declara Puigdemont no xornal británico segundo recollen hoxe medios cataláns.


“Non quero ir ao cárcere, pero non hai nada que me poidan facer para deter este referendo”, advirte o presidente catalán na entrevista e responde a crítica lanzada contra o Govern despois dos atentados da semana pasada desde medios españois que aproveitaron para pedir que non se celebre o referendo. A votación, asegura Puigdemont, levarase a cabo e “volver á normalidade será derrotar aos terroristas”.


Ás seis de esta tarde, nos xardíns de Gracia, comezará a manifestación de condena dos atentados baixo unha única pancarta co lema 'No tinc por' (Non teño medo) en dezasete idiomas. 

Comentarios