Primeira denuncia na Fiscalía para que se ilegalice a CUP

CUP

A Fiscalía Xeral do Estado recibiu unha denuncia para ilegalizar a CUP como paryido político por executar “accións violentas palpábeis”. A formación dereitista Vox é a responsábel da denuncia e acusa a CUP de realizar “actos ilegais, inconstitucionais e que atentan frontalmente contra o Estado de dereito”. A noticia avanzouna Voz Populi e recóllena diversos medios cataláns.

Na mesa denúnciase explícase que a formación independentista da apoio e promove publicamente un acto, “denominado referendo de autodeterminación”, que “vulnera flagrantemente os principios reitores elementais da nosa constitución”. O denunciante considera que a CUP actuou e lanzou mensaxes públicas “que provocaron concentracións tumultuosas, ocupacións de espazos pñublicos e hostigaron as forzas de seguridade do estado”.

Por todo isto, Vox solicita que se ilegaliza a CUP e se declare a súa disolución. Pídese que no procedemento até chegar a esta decisión se suspenda cautelarmente e provisionalmente as actividades da CUP, o que levaría a que non puidese concorrer ás eleccións do 21D. 

Comentarios