A policía española detén dous alcaldes da CUP

O avogado afirma que policías non lle deixaron acceder a comisaría de Girona, onde están os dous rexedores detidos, “até que fale castelán”. O operativo policial  levou á detención dun total de 11 persoas.

DxBS_BxWwAAkjyY

A Policía española detivo esta cuarta feira os alcaldes de Verges e Celrà, ambos os dous da CUP, acusados de desoredes públicas, segundo recollen diversos medios cataláns. Ignasi Sabater e Dani Cornellà foron detidos no marco dun operativo no que o total de persoas detidas elévase a 11. Entre elas, e ademais dos rexedores, integrantes dos CDR e do colectivo xuvenil La Forja.

O avogado de Sabater, Benet Salellas, exdeputado da CUP, explicou en Catalunya Radio que os axentes agardaron á saída de casa do alcalde para detelo e que houbo algunha rifa de axentes policiais con veciños que protestaban polo arresto. “É unha detención desproporcionada e inxustificada”, indica o letrado. O avogado afirma que policías non lle deixaron acceder a comisaría de Girona, onde están os dous alcaldes detidos, “até que fale castelán”.

A última hora da mañá comezaron a saír en liberdade as persoas detidas.

Comentarios