Novo masacre de kurdos en Turquía

Detido o principal sospeitoso de asasinar sete membros dunha mesma familia.
EuropaPress_2018562_24_march_2019_turkey_istanbul_members_of_the_kurdish_community_take_part_in
photo_camera Membros da comunidade kurda celebran o Nowruz en Estambul (Foto: Lupa Miño / SOPA Images)

O principal sospeitoso do asasinato de sete membros dunha familia kurda a pasada fin de semana na provincia turca de Konya foi detido, tras seis días á fuga, pola súa suposta responsabilidade nas mortes. 

Súmanse ás de Deniz Poyraz, filla dun empregado do prokurdo Partido Democrático dos Pobos (HDP), torturada e asasinada no asalto á sede do partido en Izmir o pasado 17 de xuño. E a toda unha serie de ataques desde que en xuño o Constitucional turco aceptou unha denuncia da Fiscalía pedindo a ilegalización do HDP polos seus supostos vínculos co Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), organización armada considerada "terrorista" por Turquía.

O sospeitoso do último masacre foi identificado como Mehmet Altun, e foi capturado no cemiterio de Bozkir, nesta mesma localidade, cunha arma e 18 balas. Desde o incidente, a Policía detivo 14 persoas e dez delas, incluíndo a muller e os pais do principal sospeitoso, están baixo disposición xudicial.

Segundo o relato oficial da investigación, Altun abriu fogo tras unha discusión contra os membros da familia Dedeoglu, incluídos menores , executou os que languidecían feridos polos disparos e despois tentou queimar a casa deles.

Ataque previo

"Comezaron a berrarme, así que lles disparei", confesou Altun ás autoridades, en declaracións publicadas polo diario turco Hurriyet.

Segundo a información recollida pola cadea de televisión kurda Rudaw, as vítimas foran obxectivo en maio de 2021 dun ataque por parte dos seus veciños, no contexto do aumento do acoso e as agresións contra membros da comunidade kurda en Turquía.

Nos últimos meses ducias de alcaldes do HDP foron acusados de "terrorismo" e substituídos por funcionarios do Estado, no marco da campaña de represión contra os consellos locais controlados por este partido opositor, o terceiro con máis representantes.

Comentarios