Nova vaga de protestas en EUA tras un novo asasinato dun mozo negro pola policía

Daunte Wright, de vinte anos, foi tiroteado nun control de tráfico na cidade de Brooklyn Center, perto de Minneápolis.· O alcalde da cidade decretou o toque de queda para deter as protestas

daunte-wright-afroamericano EUA
photo_camera Wrigt coa súa filla de 2 anos nunha imaxe difundida pola familia.

Daunte Wright, un rapaz afroamericano de 20 anos de idade, foi asasinado pola policía nun control de tráfico en Brooklyn Center, unha cidade perto de Minneapolis, no estado de Minnesota (Estados Unidos). Segundo a policía, parárono despois dun accidente de tráfico e comprobaron que sobre el había unha orde de arresto pendente. Cando os axentes ían detelo, o rapaz volveu ao vehículo e marchou, sendo entón tiroteado. Wright está acompañado da súa parella, que non sufriu feridas no accidente de tráfico, pero puido presenciar toda a escena.

A versión da nai do rapaz,  Katie, difire da da policía. Sinala que el chamouna mentres o detiñan para obter información sobre o seguro do vehículo, porque lle regalaba o coche facía pouco tempo.  Katie afirma que  Wright díxolle que o detiñan porque tiña  ambientadores colgando do seu espello retrovisor, un dato que a policía non confirmou xa que non especificou que norma de trafico incumprira.

A súa nai describiu a chamada: "Díxenlle que cando o policía regrese lle pasase o teléfono e daríalle a información do seguro". Entón escoitou que o oficial de policía dicía: "Colgue o teléfono e saia do coche", ao que  Wright preguntou o motivo e este díxolle: "Explicarémoscho cando saias do coche".

"Un minuto despois, chamei e respondeu a súa noiva, que era a copiloto no vehículo, e díxome que lle disparaban. Enfocou a  video chamada e el estaba tirado alí sen vida", explicou  Katie aos medios congregados o domingo pola tarde. "Escoitei unha discusión e os oficiais de policía dicir:  Daunte, non corras'', concluíu.

Os feitos tiveron lugar a apenas 15 Km do lugr onde un axente asasinou George Floyd.

O suceso xerou unha vaga de protestas antirracistas e manifestacións no centro da cidade, nas que houbo enfrontamentos con axentes policiais. A policía

O gobernador de Minnesota, Tim Walz, escibriu en Twtter que está a seguiir o que acontece en Brooklyn Center e que a súa esposa e el rezan pola familia Wright "xa o noso estado está de dor por unha nova vida dun home negro quitada polas forzas da lei" .

Mike Elliott, alcalde da cidade, impuxo un toque de queda a partir das 18:00 horas para evitar novas manifestacións.

Comentarios