Moción de censura en Frisia contra a Comisión polo Minority Safepack

Primeiro parlamento da UE en aprobar a medida a iniciativa do Partido Nacional Frisón, que quere que a medida se estenda por máis territorios comunitarios.
fnp_sijbe_knol
photo_camera Knol, presidente do FNP, aspira a que a medida se estenda pola UE (Foto: Nós Diario)

O Consello de Frisia aprobou unha moción de censura contra a Comisión Europea, nun xesto simbólico pola decisión desta de non atender a petición exposta no Minority Safepack.

Esta iniciativa cidadá europea, con 1,1 millóns de sinaturas, solicitaba á UE medidas para defender, protexer e promover os dereitos das minorías nacionais e lingüísticas.

A Comisión, desbotouna alegando que con desenvolver a lexislación existente abondaba.

Non pensan o mesmo os promotores da iniciativa lexislativa. En Frisia Occidental ─actualmente provincia baixo soberanía dos Países Baixos─, o Partido Nacional Frisón (FNP, en frisón) presentou esta moción, aprobada por unanimidade.

O FNP conta con catro membros neste parlamento de 43. 

50 millóns de persoas

A moción será agora enviada a autoridades nacionais e estatais de toda a UE para que "outros países e rexións ergan a voz contra a Comisión", explicou nun comunicado.

"A UE non existe por si mesma, senón pola súa cidadanía. Entres esta hai 50 millóns de persoas en rexións onde unha lingua minoritaria é falada, e iso inclúe 650.000 frisóns", afirmou Sijbe Knol, presidente do FNP.

Comentarios