Lasso convoca a 'morte cruzada' e adianta as eleccións en Ecuador

O presidente de Ecuador, Guillermo Lasso, está acusado de branquear capitais.
Guillermo Lasso, presidente de Ecuador, o pasado 16 de maio. (Foto: Asemblea Nacional de Ecuador)
photo_camera Guillermo Lasso, presidente de Ecuador, o pasado 16 de maio. (Foto: Asemblea Nacional de Ecuador)

O presidente de Ecuador, Guillermo Lasso, invocou esta cuarta feira a coñecida como 'morte cruzada', unha fórmula constitucional que implica a disolución da Asemblea Nacional e a convocatoria tanto de eleccións lexislativas como presidenciais, argumentando que hai unha "grave crise política" derivada do xuízo político contra el. 

Menos de 24 horas despois do comezo deste xuízo, Lasso firmou un decreto co que xa ameazara previamente e que obriga o Consello Nacional Electoral (CNE) a fixar a data de novas eleccións nos próximos sete días.

A poboación ecuatoriana estárán chamados a votar de novo nas urnas nun prazo máximo de tres meses para designar deputados e presidente para o período que resta dos seus respectivos mandatos, até 2025. 

Lasso afirmou que ser presidente, "unha honra sen comparación", implica "tomar as decisións axeitadas e necesarias que cada momento histórico demanda". "Hoxe é un día no que teño unha obrigación de dar unha resposta á crise política que ten entrampado Ecuador", declarou nun discurso á nación acompañado de integrantes do seu gabinete. 

O mandatario considera que o Parlamento, dominado pola oposición, "ten como proxecto político a desestabilización do Goberno, da democracia e do Estado". A día de hoxe, apuntou, "non é posíbel avanzar" en Ecuador pola actividade dunha Asemblea que non leva a cabo tarefas de "fiscalización", senón que se limita á "obstrución". 

Branquear capitais

O xuízo baséase nunha acusación por branquear capitais que deriva dun acordo asinado pola empresa pública Flopez e que, segundo a Contraloría, causou ao Estado un prexuízo duns 6,1 millóns de dólares. O contrato en cuestión continúa vixente, aínda que se asinou en 2020, durante o Goberno de Lenín Moreno, o cal recordou Lasso.  

Comentarios