Jiménez Losantos recunca: "A ministra racista de Merkel devólvenos á Europa de Hitler e Stalin"

Após clamar por que estouren as cervexarías de Baviera e ver reféns nos 200 mil alemáns que moran nas Baleares, o editor de Libertad Digital malla esta segunda feira na ministra de Xustiza alemá por ter posto en dúbida a extradición de Puigdemont por malversación.

FJS
photo_camera FJS

Alemaña neste momento é o IV Reich e con España "calquera se atreve", afirma Jiménez Losantos nunha columna no diario El Mundo intitulada "Alemaña, fóra da UE". O xornalista epítome da caverna española chama "nazi-progre" e "racista" a ministra de xustiza alemá, Katarina Barley, após esta ter posto en dúbida que Alemaña vaia extraditar Puigdemont por malversación [afirmou que non vía doado que Madrid puidese demostrar ese suposto delito]. "A ministra racista de Merkel devólvenos á Europa de Hitler e Stalin", escribe o xornalista.

No artigo sinala a suposta incoherencia que ao seu xuízo existe entre a posición adoptada polo tribunal de Schleswig-Holstein -contraria á extradición de Puigdemont por rebelión ao considerar que no procés non existiu violencia- e a oposición do tribunal de Karlsruhe a permitir un referendo de autodeterminación en Baviera. "Hoxe defender España é defender a UE", afirma Jiménez Losantos, quen se pergunta "quen son os xuíces rexionais dun país para anular o Tribunal Supremo doutro".


 

Comentarios