Oriente Próximo

O Irán despídese de Soleimani

As exequias do xeneral Soleimani reuniron onte en Teherán varios centos de miles de persoas, que reclamaron "vinganza", mentres que o Goberno dos EUA mantén as espadas ─e os drons─ en alto.
iran_portada
photo_camera Soleimani é considerado un "heroe nacional" pola poboación do Irán; un "terrorista", porén, polo Goberno dos EUA [Europa Press]

Para uns o "Che Guevara iraniano" (tal e como cualificou o xornal francés Le Monde nunha  información de 2017), para outros "padriño do terrorismo" (segundo escribiu na sexta feira Julian Reichelt, o editor do tabloide alemán Bild, o de maior tirada de toda Europa), o certo é que a morte de Qassem Soleimani supón un antes e un despois no escenario de Oriente Próximo.

Os aliados do Irán na rexión mostraron as súas condolencias e o seu apoio ao Goberno do Irán, que o domingo xa tomou a súa primeira medida: abandonar os acordos nucleares asinados en 2015 co grupo P5+1 (EUA, Francia, Reino Unido, China, Rusia e Alemaña) que estabelecían límites ao seu programa nuclear en troques do levantamento das sancións. Uns acordos dos que os EUA se retiraron de forma unilateral hai un ano.

Donald Trump ameazou con máis ataques contra intereses iranianos, mais tamén os Gardiáns da Revolución dixeron ter 35 obxectivos estadounidenses identificados no Oriente Próximo, "incluído Israel".

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios