domingo 31.05.2020
Oriente Próximo

O Iraq, campo de batalla da guerra na sombra entre Washington e Teherán

Soleimani estaba considerado o arquitecto do crecemento da influencia do Irán no Oriente Próximo [Europa Press]
Soleimani estaba considerado o arquitecto do crecemento da influencia do Irán no Oriente Próximo [Europa Press]

O dobre ataque do Exército estadounidense da pasada sexta feira, 3 de xaneiro, no Iraq, que se cobrou a vida do xeneral iraniano Qasem Soleimani, o poderoso xefe da Forza Quds dos Gardiáns da Revolución, e do vicepresidente das Unidades de Mobilización Popular, Abu Mahdi Muhandis (conselleiro de Soleimani), eleva a situación de tensión entre Washington e Teherán a niveis críticos, nunha rexión que é unha polvoreira.

O Iraq estase a converter no campo de batalla da guerra na sombra que enfronta os EUA e o Irán, nunha rexión onde os equilibrios entre xiítas e sunnitas son moi inestábeis ─eis a guerra civil que se desatou no Iraq tras o derrocamento de Sadam Husein─.

O control dos recursos petrolíferos e a loita pola gobernanza da rexión entre os eixos EUA-Arabia Saudí-Israel e Irán-Siria-Iraq xogan un rol clave. Para Roberto Mansilla, analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) e experto en Oriente Próximo, o feito de os EUA estaren en ano electoral e haber un proceso en marcha de impeachment contra Donald Trump, ademais da perda de influencia de Washington na zona, son factores que explican o duplo asasinato selectivo desta sexta feira.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

comentarios