Hugo Chávez chega a Venezuela

Chegou de madrugada a Caracas segundo informa TeleSur, procedente da Habana.

“Chegamos de novo á Patria venezolana. Grazas meu Deus!! Grazas Pobo amado!! Aquí continuaremos o tratamento”. Esta é a mensaxe que deitou na súa conta de Twitter Hugo Chávez ao chegar a Caracas esta madrugada.

As mesmas redes sociais déronlle a benvida, segundo informa TeleSur, como o chío de Ernesto Villegas, ministro de Comunicación, que anunciou "Presidente Chávez chegou a Venezuela. Palante, Comandante!" ou Jorge Arreaza, ministro de Ciencias e Tecnoloxía, que expresou un claro "que clase de guerreiro e loitador pola vida é o noso Presidente! Benvido á túa Patria Comandante! Venceremos! Tod@s somos Chávez!".

Hugo Chávez atópase agora mesmo no Hospital Militar Dr. Carlos Arvelo en Caracas, segundo informou o propio ministro de Ciencias e Tecnoloxía disposto a seguir cos seus tratamentos".

Comentarios