A guerra en Ucraína, en directo, este 23 de marzo

Segue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto.
Sacos de area para protexer os monumentos en Zaporihia (Ukrinform / dpa); militares ucraínos adestrando en Kíiv (Mykhaylo Palinchak / SOPA Images v / DPA); intervención de Volodimir Zelenski no Parlamento italiano (LaPresse / Roberto Monaldo / Zuma Press / ContactoPhoto)
photo_camera Sacos de area para protexer os monumentos en Zaporihia (Ukrinform / dpa); militares ucraínos adestrando en Kíiv (Mykhaylo Palinchak / SOPA Images v / DPA); intervención de Volodimir Zelenski no Parlamento italiano (LaPresse / Roberto Monaldo / Zuma Press / ContactoPhoto)
 Actualizar

🔴 [EN DIRECTO]

 

20.45 | Galegos, vascos, navarros, canarios e cataláns non se alistarían para defender España

Unha enquisa de Electomanía revela un rexeitamento maioritario a participar dunha guerra para defender o Estado español nestes cinco territorios, mentres nos demais é maioritario o 'si' a tomar as armas.

19.26 | 300 cativos ucraínos escolarizados na Galiza

A Consellaría de Educación informou esta cuarta feira de que xa foron escolarizados na Galiza "máis dunha trintena" de rapaces e rapazas ucraínos que fuxiron da guerra.

18.30 | O xornalista Pablo González, acusado de ser un espía de Rusia, seguirá en prisión até o 29 de maio

Segundo expón o xornal El País, nin a familia nin o avogado puideron comunicarse con Pablo González, a quen identifica Polonia cos supostos alcumes de Aleksey Rubtsov e Pavel Rubtsov e sobre quen paira a unha pena de até dez anos de prisión.

16.40 | Por que en Ucraína pintan, ispen e atan persoas a sinais de tráfico e árbores?

Nas últimas datas centos de persoas denunciaron a través das redes sociais a vulneración dos dereitos fundamentais que se está a producir en diferentes cidades de Ucraína como a propia capital, Kíiv.

13.45 | Vladimir Putin: "Os países hostís terán que pagar o gas en rublos"

O presidente de Rusia, Vladimir Putin, afirmou nunha reunión co resto de integrantes do seu Goberno que exixirá aos países que compran gas a Rusia que fagan o pago na moeda do país, o rublo. "Decidín implementar unha serie de medidas para transferir os pagos polo noso gas natural por parte dos chamados países hostís en rublos", afirmou o dirixente ruso.

12.33 | Olaf Scholz acusa Vladimir Putin de querer empregar armas químicas en Ucraína

O chanceler de Alemaña, Olaf Scholz, conversou de xeito telefónico nesta cuarta feira co presdente de Rusia, Vladimir Putin, segundo confirmou o Goberno alemán. Nesta conversa, Scholz acusou Putin de querer empregar armas químicas en Ucraínas, e instouno a que suspenda a ofensiva militar rusa en solo ucraíno.

10.47 | A Comisión Europea anuncia axudas de até 400.000 euros para as empresas afectadas polas sancións a Rusia

A Comisión Europea anunciou nesta cuarta feira que as empresas afectadas polas sancións económicas a Rusia poderán acceder a axudas cunha contía que pode ascender até os 400.000 euros. As compañías de sectores primarios como a agricultura, a pesca e a acuicultura poden obter até 35.000 euros, mentres que aquelas empresa que estean ante unha cirse de liquidez poderán acollerse a garantías estatais sobre préstamos. En canto ás empresas que se vexan afectadas polo incremento do prezo da enerxía, recibirán unha compensación de até 30% dos custos.

9.11 | Rusia e Ucraína acordan estabelecer nove corredores humanitarios, ningún deles en Mariupol

Recolle a axencia Reuters que a viceprimeira ministra de Ucraína, Irina Vereschuk, detallou nesta cuarta feira que ambos países acordaron o estabelecemento de nove corredores humanitarios para que a poboación civil das cidades asediadas polo exército ruso poida moverse até Lviv. No entanto, Vereschuk engadiu que ningún destes corredores sae do centro de Mariupol, a cidade que peor o está a pasar desde o comezo da guerra o pasado 24 de febreiro, e que aquelas persoas que desexen abandonar esa zona do país terán que moverse até a cidade próxima de Berdiansk.

7.58 | Remata o toque de recoller en Kíiv

Após 35 horas, nesta cuarta feira rematou o segundo toque de recoller estabelecido polas autoridades de Kíiv para a poboación que aínda segue na cidade. O obxectivo destes toques de recoller é, segundo o alcalde da capital de Ucraína, Vitali Klichko, descubrir se hai comandos rusos infiltrados na cidade, sinalando obxectivos para que posteriormente as forzas do exército ruso os bombardeen.

Comentarios