O Goberno español descarta demisións pola morte de 14 inmigrantes nas costas de Ceuta

Ninguén no Goberno de Madrid presentará a súa demisión pola morte de 14 inmigrantes que tentaban chegar a Ceuta. O executivo español di que os disparos da Garda Civil foron unha acción "proporcionada" e respectuosa cos Dereitos Fundamentais, mais a Comisión europea exixe explicacións e ameaza con sancións.

Fernández-Díaz-y-Soraya-Saénz-de-Santamaría-Foto-Moncloa
photo_camera [Imaxe: Moncloa]

Balóns fóra e a agardar que o tempo amaine. Esa é a estratexia do Goberno español após as informacións que descubriron as accións policias que deviñeron na morte de 14 inmigrantes nas costas de Ceuta. @s subsaharian@s tentaban chegar a territorio baixo administración española e foron recibid@s por axentes da Garda Civil armados con material anti-distirbus. 

"Disparáronnos coma polos" mesmo cando xa saíran da auga, declarou un d@s supervivintes da traxedia. Neste senso, mesmo o executivo de Mariano Rajoy rematou por recoñecer que os axentes do instituto armado empregaran balas de goma contra @s inmigrantes para evitar a súa chegada a Ceuta. Unha acción que, din, foi "proporcionada" e respetuosa cos Dereitos Fundamentais. Mais as Organizacións Non Gobernamentais que traballan na zona non coidan o mesmo e xa presentaron diversas denuncias perante a Fiscalía. Mais desde Madrid fixeron ouvidos xordos. 

A Comisión europea advirte que podería adoptar sancións

Porén, a gravidade dos acontecementos e a forte presión das ONG's e os grupos da oposición fixeron entrar en escena á Comisión europea. Ao contrario do que afirman desde Moncloa, a institución comunitaria asegura que o executivo español "ten a responsabilidade de analizar as circunstancias" en que aconteceu a traxedia.

"De existiren evidencias" do incumprimento da lexislación comunitaria, Bruxelas podería sancional o Estado español

Desde a comisaría europea de Interior advirten a Madrid que de existiren "evidencias" da violación da lexislación europea "a Comisión resérvase o dereito de dar os paso acaídos" para sancionar o Estado membro infractor. Un toque de atención que até o momento non tivo reaccións entre o Goberno de Mariano Rajoy, que teima en se negar a asumir responsabilidades mesmo despois de coñecer que o director da Garda Civil ocultara información ao respeito. 

Desde a oposición denuncian a crueldade do executivo español exixen demisións tras a mote das 14 persoas pois, "se fosen brancos, españois e con DNI", sinalaron desde o PSOE, o director da Garda Civil "non tería ido ao traballo e o delegado do Goberno en Ceuta --a cuxas ordes responden as Forzas de Seguridade do Estado-- "estaría cesado".

Comentarios