O Brexit, "potencialmente desastroso" para as linguas minorizadas do Reino Unido

Organizacións de defensa do galés ou o gaélico asinan un comunicado no que amosan a súa preocupación por unha saída da UE que os deixaría a mercede dun goberno, o britanico, que nunca tivo interese en protexelas e promocionalas.

gaélico irlandés ulster

Unha coligazón de entidades a favor das linguas minorizadas do Reino Unhido e ELEN, rede europea pola igualdade lingüística amosaron a súa preocupación polo impacto do Brexit sobre o galés, o escocés e o gaélico; e fixeron un chamamento a apoiar a opción de ficar na Unión Europea.

Cymdeithas (entidade de defensa do galés), Sociedade da Lingua Córnica, Mudiad Meithrin (movemento educativo galés), Comhairle na Gaelscolaíochta (gaélico en Irlanda do Norte) ou o Centro da Lingua escocesa, así como Eisteddfod (festival nacional da cultura galesa) suscriben esta postura. A ela súmase ELEN, a rede europea moi activa na denuncia das desigulades e discriminacións das linguas minorizadas na UE.

Nun comunicado, estas entidades e colectivos afirman que o Brexit deixará estas comunidades lingüísticas a merce de gobernos “que non amosaron nin interese nin desexo de protexer e promover os dereitos dos seus falantes”. Gobernos, proseguen, que ao longo da historia foron responsábeis de políticas dirixidas a “erradicar” eses idiomas. A saída da UE, aponta, tamén deixará sen financiamento europeo proxectos educativos nestas linguas. 

Información de Nationalia

Comentarios