Denuncia da Asociación de Dereitos Humanos

As forzas de seguridade turcas asasinaron 113 civís curdos, 21 deles menores, nestes tres meses

En todos os casos, segundo o informe da IHD, son execucións extra-xudiciais sen ningún tipo de investigación.

Enterro das activistas curdas executadas en Paris

A Asociación de Dereitos Humanos de Turquía (Insan Haklari Dernegi, IHD) presentou hai uns días un balanzo da represión sobre civís no conflito aberto no Curdistán turco. A entidade alerta da existencia de fortes excesos cometidos polas forzas de seguridade turcas sobre a poboación civil curda, informa 'Nacións'. Así, e en base ao sinalado no informe da IHD, do 24 de xullo até o 8 de outubro foron asasinados 113 civís turcos a mans de soldados ou policías turcos. Desas 113 persoas, 21 eran menores de idade. En todos os casos, salienta a asociación pro-dereitos humanos, estamos a falar de “execucións extra-xudiciais sen ningunha investigación”.

A denuncia de graves vulneracións de dereitos humanos no Curdistán por parte do Estado turco non é unha novidade.Asasinatos extra-xudiciais, detencións arbitrarias, uso sistemático da tortura... son feitos denunciados durante décadas por ONGs e mesmo algunhas institucións internacionais.

Comentarios