Comprométese a defender o Parlament

Forcadell: “Non daremos ningún paso atrás”

Horas antes da comparecencia de Carles Puigdemont, president da Generalitat, Carme Forcadell, presidenta do Parlament, ofreceu unha intervención pública para advertir de que a folla de rota do proces segue en marcha. “Non daremos ningún paso atrás”, subliñou.

1200_1508609036foto_3272212
photo_camera [Imaxe: NacioDigital] Forcadell, no centro, durante a intervención

Acompañada dos membros soberanistas da Mesa do Parlament -Lluís Guinó, Anna Simó, Joan Josep Nuet e Ramona Barrufet-, Carme Forcadell afirmou que se compromete a defender a soberanía do órgano lexislativo e advertiu de que “non daremos ningún paso atrás”.

Nunha declaración de carácter solemne, Forcadell acusou o presidente español de completar “un golpe de Estado de facto” e de actuar cunha “enorme irresponsabilidade política”. Trátase, dixo, dun “golpe á democracia na Europa do século XXI”.

“Comprometémonos hoxe, no ataque máis grave ás institucións catalás, a defender a soberanía do Parlament de Catalunya”, insistiu Forcadell, quen lembrou que na Cámara catalá hai “135 deputadas e deputados aos que o Goberno español lles quere retirar os seus dereitos”. Rajoy, salientou, “non é consciente de que atacando as institucións e os representantes da cidadanía está a atacar o pobo de Catalunya”. Nesta liña, afirmou que a “principal vítima” desta “acción sen precedentes” é o pobo catalán.

Comentarios