De Filipinas ao Senegal: Eis os lugares onde se prohibe o aborto

Sabías que Chile, México, Venezuela, O Brasil ou Siria só permiten o aborto en casos en que a vida da nai corra risco? Que Brasil, México e Chile o permiten en caso de violación? E que Polonia, Bolivia ou Alxeria autorizan a interrupción por razóns de saúde ou terapéuticas? Percorremos o globo terráqueo para comprobar os dereitos das mulleres en relación ao aborto.

mapa
photo_camera Mapa sobre o aborto.

As interrupcións voluntarias do embarazo volveron á actualidade tras decidir o Tribunal Supremo dos EUA revogar a protección do dereito ao aborto. Unha decisión que implica que os Estados teñan competencias para prohibir ou manter unha das reclamacións históricas do movemento feminista.

O Centro de Dereitos Reprodutivos, unha asociación norteamericana sen ánimo de lucro, ofrece unha panorámica a respecto do dereito ao aborto en todo o mundo e reflicte, por exemplo, que Honduras, O Salvador, Nicaragua, Xamaica, Haití, República Dominicana, Surinam, Mauritania, Senegal, Serra Leoa, Congo, Madagascar, Exipto, Iraq, Lao e Filipinas non permiten a interrupción baixo ningunha circunstancia. Tampouco cando a vida ou a saúde das mulleres corre risco.

México, Guatemala, Panamá, Venezuela, Brasil, Chile, Paraguai, Malí, Cote D’Ivoir, Nixeria, Gabón, Libia, Sudán, Sudán do Sur, Uganda, Tanzania, Malawi, Somalia, Iemen, Omán, Emiratos Árabes Unidos, Siria, Irán, Afganistán, Myanmar, Bangladesh, Sri Lanka, Bután, Indonesia e Papúa Nova Guinea só permiten o aborto cando a vida da muller corre perigo. Brasil, México, Panamá e Chile, entre outros, autorízano en caso de violación.

Costa Rica, Trindade e Tobago, Ecuador, Perú, Bolivia, Marrocos, Alxeria, Guinea, Liberia, Burkina Faso, Gana, Togo, Níxer, Chad, Camerún, Guinea Ecuatorial, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Namibia, Botsuana, Cimbabue, Angola, Lesoto, Eswatini, Eritrea, Kenia, Polonia, Israel, Xordania, Arabia Saudita, Kuwait, Catar, Paquistán e Malasia autorizan o aborto por razóns de saúde ou terapéuticas.

Por outra parte, Gran Bretaña, Finlandia, Etiopía, Ruanda, Zambia, India, Xapón e Taiwán contan con leis que permiten o aborto nunha ampla gama de circunstancias, de maneira que consideran a contorna da muller e as súas circunstancias socioeconómicas en relación ao impacto potencial do embarazo e da maternidade.

No Canadá, Cuba, Güiana, Arxentina, Uruguai, Guinea Bissau, Benin, Sudáfrica, Mozambique, Túnez, nos Estados da UE, Suíza, Noruega, Islandia, Serbia, Montenegro, Bosnia, Albania, Kosovo, Macedonia, Ucraína, Turquía, Rusia, Kazajstán, Uzbekistán, Turkmenistán, Tajikistán, Kyrgyzstan, China, Mongolia, Nepal, Vietnam, Tailandia, Camboia, Australia, Nova Celandia e Nova Caledonia permíteno, mais con limitacións relativas ás semanas de xestación.

Coa autorización do home

O Centro de Dereitos Reprodutivos recolle tamén os Estados nos que, para abortar, é precisa a autorización do marido: Marrocos, Turquía, Siria, Arabia Saudita, Iemen, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Guinea Ecuatorial, Indonesia, Xapón e Taiwán.

 

Comentarios