"Explora connosco a realidade da guerra!": esta é a polémica empresa que ofrece visitas guiadas a Gaza

Salta a polémica nas redes por causa dunha empresa que ofrece visitas guiadas para "coñecer a realidade da guerra" en Gaza.
Unha das visitas guiadas a Gaza (Foto: Abrahamtours).
photo_camera Unha das visitas guiadas a Gaza (Foto: Abrahamtours).

O do turismo é un negocio ao que moitas persoas tentan adherirse, cada vez máis, dados os beneficios que pode chegar a dar. Isto supón que, nalgunhas ocasións aparezan ofertas turísticas un tanto estrañas.

Unha destas ofertas está na Faixa de Gaza onde unha páxina web anuncia O “tour da realidade de Gaza desde Xerulasén”, un tour para “coñecer de primeira man” o conflito entre Palestina e Israel” ofrecido pola empresa Abraham Tours.

“Únete a esta excursión inesquecíbel na cal explorarás o conflito entre Gaza e Israel, a súa historia e o seu impacto nas persoas que viven a ambos os dous lados da fronteira”, indícase no texto promocional.

“Nos campos do kibutz Nachal Oz, contemplaremos o barrio palestino "Shuja'iyah", onde tivo lugar a maior batalla da guerra de Gaza de 2014, e despois veremos a terminal de carga pechada de Karni Crossing. Despois visitaremos Be'erot Yitzhak, un kibutz destruído na guerra do 48, e coñeceremos a narrativa israelí de asentamento e sacrificio no Néguev occidental, creando as fronteiras do futuro Estado”, continúa o texto.

"A realidade de vivir perto de Gaza"

Sobre o fin da visita, explícase que o día “rematará cunha visita a Netiv Ha'asara, un 'moshav' na fronteira norte de Gaza. No centro ‘Nativ L’Shalom’, veremos unha película que narra a historia dunha nai da rexión, ou coñeceremos en persoa, a súa historia sobre a realidade de vivir tan perto de Gaza”.

Con todo, as persoas que quixeren realizar a visita guiada non poderán, polo menos até o 16 de outubro, xa que a empresa organizadora vén de suspendelas. “A súa seguridade é o primeiro”, aseveran.

Comentarios