Tregua 'humanitaria' en Gaza

A resistencia palestina e Israel aceptan o cesamento de cinco horas nas hostilidades, proposto polas Nacións Unidas, para permitir que a poboación gazatí reciba víveres e recursos. 

A tregua durará desde as 10.00 a.m até as 15 p.m (hora galega) e ten por obxecto permitir a evacuación das persoas feridas (máis de 22.000 segundo a ONU nos nove días de ofensiva israelí) ao tempo que obter provisións a poboación civil. 

"As faccións da resistencia acordaron aceptar a oferta das Nacións Unidas dunha tregua de cinco horas por razóns humanitarias", sinalou nun comunicado de imprensa emitido de madrugada Sami Abu Zukhri, voceiro de Hamas. 

O cesamento das hostilidades durará cinco horas

A poucas horas de se iniciar o cesamento das hostilidades --que Israel tamén aceptou-- foron asasinadas 5 persoas na Faixa de Gaza, 3 delas en Rafah a poucos minutos do comezo da tregua, segundo informa o xornalista corresponsal de El País en Gaza, Juan Gómez, através da súa conta de Twitter. Mohammad Mahmud al Qadim, de 22 anos de idade; Mohammad Abdul Rahman Hassuna, de 67; Zeinab Mohammad Said al Abadla, de 71; Ahmad Rihan, de 23; e Salem Salé Fayyad, de 25, segundo informou o Centro Internacional de Medios de Oriente Próximo ás axencias de noticias. 

No que vai de operación militar o exército sionista causou a morte a 227 persoas, o 80% delas civís --segundo os organismos internacionais. Así mesmo 1.550 palestin@s resultaron ferid@s. 

Comentarios