Eduardo Madina abandona o escano no Congreso e a política

O deputado vasco, que disputou a lideranza do partido a Pedro Sánchez, anuncia que "comeza unha nova etapa profesional que non ten nada a ver coa actividade política e institucional".

 

 

Eda
photo_camera Eduardo Madina

Madina xogou a súa última baza política ao apoiar Susana Díaz nas recentes primarias do PSOE. Foi unha alianza en parte contra natura, sendo que a presidenta andaluza foi quen no seu día frustrou as súas opcións de liderar o partido ao apostar en Pedro Sánchez como candidato.

As alianzas mudaron, Sánchez rebelouse contra a súa patrocinadora -até o ponto de, no seu retorno, se enfrontar con ela nas primarias- e Madina, nunha decisión moi controvertida, acabou por se pasar ás filas de quen fose a súa principal opositora.

Agora, e embora ter un escano no Congreso e dispor da simpatía dos meios de comunicación da órbita do susanismo, Madina -licenciado en Historia Contemporánea, cun mestrado en Relacións Internacionais e con experiencia como profesor universitario- dá un paso atrás con aspecto de definitivo e anuncia o abandono da política.

Comentarios