A ditadura birmana teme a división do país pola ofensiva soberanista en varias frontes

Os militares perderon múltiples cidades e a primeira capital administrativa desde o golpe de Estado de 2021.
Combatentes do Exército de Liberación Nacional karen.  (Foto: Thomas James Hurst / Europa Press / Contacto)
photo_camera Combatentes do Exército de Liberación Nacional karen. (Foto: Thomas James Hurst / Europa Press / Contacto)

Nunha reunión da cúpula da ditadura militar de Myanmar, o Goberno de facto recoñeceu que “o país será dividido en varias partes” no caso de que o “Goberno non xestione eficazmente os incidentes na rexión fronteiriza” coa China, sinalaron esta quinta feira medios locais, despois dos primeiros éxitos da ofensiva que lanzou o 27 de outubro a Alianza das Tres Irmandades, que agrupa o Exército de Arakan, o Exército de Liberación Nacional de Ta’ang e o Exército da Alianza Democrática Nacional de Myanmar.

No marco da guerra civil desencadeada pola toma do poder por parte do Exército birmano en 2021, a Alianza fíxose co control de múltiples cidades no norte, á vez que o Exército para a Independencia de Kachin impuxo o seu control sobre Kawlin, a primeira capital administrativa que perden as Forzas Armadas desde o comezo do conflito.

En paralelo, a Forza de Defensa das Nacionalidades Karenni fixo público esta semana que lanzou outra operación armada para expulsar as tropas do Estado de Kayah, neste caso no sueste birmano.

Comentarios