Continúa o masacre: novos bombardeos israelís deixan decenas de mortes esta madrugada en Gaza

Polo menos dez persoas morreron e outros tantos resultaron feridos tras un ataque contra unha vivenda ao oeste da cidade gazatí de Rafá.
Escenas que deixan os ataques de Israel na Faixa de Gaza estas xornadas (Foto: Mohammad Abu Elsebah / dpa).
photo_camera Escenas que deixan os ataques de Israel na Faixa de Gaza estas xornadas (Foto: Mohammad Abu Elsebah / dpa).

Decenas de palestinos faleceron durante a noite desta quinta feira tras unha onda de novos bombardeos israelís na Faixa de Gaza.

Polo menos dez persoas morreron e outros tantos resultaron feridos tras un ataque contra unha vivenda ao oeste da cidade gazatí de Rafá.

Ademais, unha crianza faleceu tras un ataque contra outro edificio residencial no campamento de Nuseirat, no centro da Faixa, segundo informou na súa canle de Telegram o diario Filastín.

Ataques aéreos

Por outra parte, outros trece palestinos morreron e unha ducia resultaron feridos tras un bombardeo da Forza Aérea de Israel en Jabalia, no norte de Gaza, publicou a axencia de noticias palestina Wafa.

O Ministerio de Saúde palestino rexistrou preto de 3.500 mortos e máis de 12.000 feridos desde o 7 de outubro.

En Cisxordania, o balance é de 61 mortos e 1.300 feridos. Pola súa parte, Israel informou de perto de 1.400 falecidos desde entón.

Comentarios