Chávez continúa con insuficiencia respiratoria

O ministro de Comunicación de Venezuela informou nun comunicado que o presidente continúa a súa recuperación no Hospital Militar de Caracas.

"A insuficiencia respiratoria surxida no curso do postoperatorio persiste e a súa tendencia non foi favorábel, polo que continúa a ser tratada". A última información sobre a saúde de Hugo Chávez, após a súa chegada a Caracas o pasado 18 de febreiro, procede dun comunicado realizado por Ernesto Villegas, ministro de Comunicación de Venezuela, hai unhas horas. Nel asegúrase que "o tratamento médico para a enfermidade de base continúa sen presentar efectos adversos significativos até o momento". 

Chávez continúa, segundo as mesmas fontes oficiais, "en comunicación cos seus familiares, co equipo político do Goberno e en estreita colaboración co grupo médico de traballo".

Comentarios