Simboloxía fascista e cartaces en prol de ''outra ditadura'' na manifestación da AVT que o PP secundou

Polo menos oito dirixentes da formación conservadora fixeron parte dun protesto que fora convocado contra si propi@s e a decisión de acatar a sentenza de Estrasburgo que derroga a aplicación retroactiva da doutrina Parot. Na manifestación recibiron apupos por "traidores" e "pouco patriotas".


Esperanza Aguirre, Ignacio González, Carlos Floriano, Javier Arenas, Esteban González Pons, Iñaki Oyarzábal, Arantza Quiroga e Ana Botella. Son @s militantes do PP que este domingo representaron esta formación política nunha mobilización que a AVT --Asociación de vítimas do terrorismo-- convocara contra el@s propi@s, o Goberno español, e contra a súa decisión de acatar a sentenza do Tribunal de dereitos humanos de Estrasburgo en que bota abaixo a doutrina Parot cando se queira aplicar de maneira retroactiva.

Situados na primeira fila do lado esquerdo, @s conservador@s tiveron que aturar os apupos que recibiron tanto o Executivo de Rajoy como o sistema xudicial. Porén, o propio Rajoy defendeu publicamente a manifestación da AVT e tardou catro días en decidir se o Goberno coma tal faría parte dela. O mesmo tempo tardou en valorar a sentenza de Estrasburgo após unha sesuda reflexión que emitiu o mesmo día en que se coñeceu a resolución. "Bos días. Chove moito", dixo Rajoy.

Volvamos á mobilización deste domingo en Madrid, onde Ana Botella aplaudiu os berros de "traidores" proferidos contra o seu propio partido e onde se viron bandeiras españolas pre-constitucionais e cartaces que defendían que "outra ditadura" sería "mellor que esta democracia". Tampouco faltaron os saúdos fascistas. Cómpre lembrar que quen se manifestaban son "as vítimas" do lado das cales o PP dixo que "ten que estar o Goberno". 

Após gardar un minuto de silencio, a xornalista Isabel San Sebastián, encargada de conducir o acto, exclamou desde o púlpito: "prometéronnos xustiza e fannos comulgar coas rodas de muíño da impunidade e a claudicación", dixo, en relación a unha sentenza ditada por un tribunal europeo e que, segundo San Sebastián e a AVT, "apesta a negociación con ETA".

"Non aceptamos ningunha lección", sinalou a presidenta da AVT, Ángeles Pedraza, namentres nos arredores da sede do PP, na rúa Génova, aplaudíanse frases como "queremos unha dereita de verdade" ou "xa non hai patriotas". Desta volta non houbo o discurso de Rajoy que deu en 2007 para pechar o acto. De feito, ninguén do PP subiu á palestra.

"Rajoy, marioneta, te va a votar ETA", berrábanlles. Desde o micro Ángeles Pedraza reclamaba "o dereito das vítimas a se proclamaren vencedoras", reiterando para o conflito vasco a idea dun final de 'vencedor@s' e 'vencid@s' que en rigor só se produce nun tipo de conflito: as guerras. Críticas tamén para a xustiza: "Que fixo a Audiencia Nacional?", preguntou Pedraza antes de concluír a súa intervención. As e os manifestantes responderon cun sonoro e previsíbel "nada!".

E, namentres, na páxina web do PP aparecía isto:


 

Comentarios