Assange gaña unha batalla chave contra a extradición a Estados Unidos

Agora realizarase unha vista de apelación para analizar a súa situación. O Tribunal prmite Assange recorrer a súa extradición a EUA.

Julian Assange
photo_camera Julian Assange

O Tribunal Superior de Londres deu a razón a Julian Assange no recurso que presentou contra a extradición do Reino Unido a Estados Unidos. A resolución xudicial non entra en valorar o fondo do asunto, se debe ser extraditado ou non, só que ten dereito a recorrer. Agora, desenvolverasde unha vista de apelación para considerar a súa situación e Assange poderá volver presentar os seus argumentos contra a extradición. Se perde, só tería que presentar un recurso ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

"Despois de pasar preto de cinco anos encarcerado na prisión de maior seguridade do Reino Unido, o editor continuará o seu longo encarceramento separado da súa nova familia por revelar crimes de guerra", publicou WikiLeaks.

Washington exixe a extradición de Assange por filtrar documentos clasificados en masa e podería enfrontarse até 175 anos de prisión. O proceso legal remóntase a unha década. O poder xudicial estadounidense, que nunca abriu ningunha investigación contra as persoas implicadas nos crimes filtrados por Assange, acúsao de dezaoito delitos, de acordo cunha lei que foi aprobada hai máis dun século.

O Departamento de Xustiza de EUA, segundo os argumentos presentados este febreiro en Londres, asegura que Assange “non é un xornalista” e non respectou os estándares de medios que colaboraron con el en 2010, como New York Times, El País e The Guardian.

Pero varias asociacións de defensa de xornalistas aseguran que o caso de Assange e o feito de que se utilice a Lei contra a Espionaxe de 1917 poden sentar un precedente nos límites á liberdade de prensa.

Stella Assange, coa que Julian casou no cárcere en 2022, apela á deterioración da saúde física e mental do seu marido para que non sexa extraditado.

Comentarios