O alcalde de Miami, Francis Suárez, asegurou que Estados Unidos non debe desbotar unha intervención militar en Cuba, tras as protestas que se rexistraron nos últimas días na illa.
En entrevista coa presentadora da cadea estadounidense Fox News, Martha MacCallum, reiterou o seu respaldo ás manifestacións e mobilizacións. “É difícil que un funcionario elixido, sexa republicano ou demócrata, non se poña a caróndo pobo cubano cando ve imaxes de persoas que arriscan as súas vidas e protestan nas rúas”, manifestou.
Sobre unha eventual intervención militar na illa, sinalou que nos pasado mandatarios estadounidenses adoptaron medidas similares en países como Panamá, Paquistán e Kósovo. Horas despois da súa intervención en Fox, Suárez aseguroulle a Newsweek e ao Miami Herald que “nunca suxeriu bombardear Cuba”. “Non son un experto militar. Non me vou a sentar aquí e opinar sobre que tipo de intervención militar debería usarse”, dixo o funcionario.
Con todo, as súas palabras ficaron gravadas e en repetidas ocasións durante a súa entrevista con Fox contemplaba a idea dunha intervención militar na illa.
“Debería contemplarse agora mesmo unha coalición de potencial acción militar en Cuba tal e como sucedeu no pasado, tanto en administracións republicanas como demócratas… Derrocaron Noriega e ese país (Panamá) tivo unha democracia pacífica durante décadas”, declarou Suárez na súa intervención en Fox, “e o presidente Clinton en Kósovo interveu nun tema humanitario con ataques aéreos”, agregou.
As declaracións de Suárez, fillo do primeiro alcalde de Miami nacido en Cuba que busca manter o electorado anti- castrista do seu lado, segundo diversos xornalistas da cidade.