74 persoas morren no ataque ucraíno a un avión militar ruso

Rusia indica que había 65 prisioneiros de guerra.
O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, a comezos de xaneiro. (Foto: Ukraine Presidency / Europa Press / Contacto)
photo_camera O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, a comezos de xaneiro. (Foto: Ukraine Presidency / Europa Press / Contacto)

O Ministerio de Defensa ruso denunciou hoxe que o Exército ucraíno derribou un avión militar sobre Belgorod, perto da fronteira con Ucraína, acabando coa vida dos 74 pasaxeiros. 65 deles eran prisioneiros de guerra ucraínos, que viaxaban con tres militares rusos e seis membros da tripulación do aeroplano, que se dirixían a un punto acordado para un intercambio de presos entre Moscova e Kíiv, apuntou o Goberno de Rusia.

Ademais, afirmou que “ao perpetrar este acto terrorista o liderado ucraíno amosou o seu verdadeiro rostro”, reiterando que Ucraína “sabía perfectamente” que se levaría a cabo o traslado para o intercambio.

Pola súa parte, os militares ucraínos admitiron ter atacado un avión militar ruso, mais insistindo en que transportaba armamento. Sen precisar máis, desde o Ministerio de Defensa ucraíno informaron de que hoxe estaba previsto un intercambio de prisioneiros que en última instancia non se efectuaría.

O ataque ucraíno decorreu poucos días despois de que Kíiv bombardeara un mercado en Donetsk matando 27 persoas.

Comentarios