@s operari@s portugueses recibirán en 2013 un salario mensual menos

O Goberno vai subir as cotizacións da Seguridade Social a costa das e dos traballadores, o que repercute, ao longo dun ano, nun soldo mensual menos

Para facer fronte ao défice, o goberno portugués decidiu esta sexta pasada subir a partires de 2013 as cotizacións da Seguridade Social a todas e todos os traballadores. Unha medida que vai xerar un forte impacto nos salarios e soldos das clases traballadoras de Portugal. Foi fin de semana, a rebufo do anuncio do executivo luso, de cálculos nos xornais portugueses sobre qué impacto vai ter a decisión nos petos dos portugueses.

Así, hai ampla coincidencia en que, polo xeral, a maioría dos traballadores e traballadoras van perder ao longo do ano unha cantidade semellante ao salario dun mes. Mesmo, no caso do impacto,en funcionarios e pensionistas, con máis de 1.100 euros de ingresos ao mes, a perda podería ser de dous meses de salario. 

Desde a CGTP, o seu secretaqrio xeral Arménio Carlos denunciou que paralelamente á suba de cotizacións á Seguridade Social para as calses traballadoras, do 11% aol 18%,prodúcese unha baixa para as empresas (que pasa de perto do del 24% ao 18%). "Roubar aos pobres para darllo aos ricos", sentenciou Arménio Carlos.

Xudicatura e igrexa

Mais a oposición a esta medida, así como a outros recortes, tamén chegou ao eido xudicial. Así, a Associação Sindical dos Juízes Portugueses (ASJP) denunciou que as novas medidas anunciadas pelo Governo son "unha afronta ao Tribunal Constitucional", considerando que penalizan "mais unha vez" os rendimentos do traballo.

E tamén desde a igrexa se escoitaron nesta fin de semana voces contra as actuacións do executivo portugués. O bispo das Forzas Armadas,  Januário Torga, dixo estar escandalizado ante a "falla de xustiza social" na actuación do goberno, á vez que desde a ONG católica Cáritas laméntase que se opte por "castigar" ás persoas "que nada tiveron nin teñen que ver coa situación na que se atopa o país".

Comentarios