El Mundo censura a carta do seu ex-director: “Se había sobre-soldos, (Rajoy) poñía a man, collía e mañá máis”

O actual director, García-Abadillo, decidiu non publicar unha dura misiva de Pedro Jota contra o presidente do goberno español”. 

pedro-crop

A ruptura entre García-Abadillo, actual director de ‘El Mundo’, e Pedro J. Ramírez, fundador do diario e direcor do mesmo durante un cuarto de século, é total. E sen ningún tipo de secretismo, pois a desavinza e enfrontamento coceuse nas páxinas do propio xornal a través de opinións e contra-opinións. Ademais da prebe que a iso lle deu ruxe-ruxe, novas e filtracións a través das redes.

O actual director expulsou a Pedro J. das páxinas do Mundo, impedindo publicar o domingo o artigo do ex-director (titulado ‘El estafermo`) e moi duro co presidente español, Mariano Rajoy. Casimiro ameazara a principios desta semana con marchar de ‘El Mundo’ se Pedro Jota seguía a publicar no diario. A guerra chegou a tal punto que Unedisa pide medio millón de euros a Pedro Jota polo que entende de ruptura do ‘acto de lealdade’.

Pedro J. Ramírez colgou a carta censurada por ‘El Mundo’ nas redes sociais. Unha carta máis que dura contra Mariano Rajoy, na que ataca duramente a súa inacción e o perigo que iso supón. Nun parágrafo mesmo afirma: “Se se repartían sobresoldos, el poñía a man, collía a caixa de puros e mañá máis; se se cobraban mordidas, el recibía o doante, falaban de fútbol e mañá máis; se o tesoureiro millonario víase en apuros xudiciais, mandáballe mensaxiños de apoio e mañá máis”.

Comentarios