Axentes de Vixilancia Aduaneira rexistran o Concello de Lugo

Procuraronn dados no despecho da secretaria partitular do alcalde, Xosé López Orozco (PSdG) O rexedor está imputado na operación Pokemon desde novembro de 2012, cando quedou en liberdade baixo fianza após declarar en relación aos delitos de tráfico de influencias e aceptación de subornos

Concello de Lugo

Axentes de Vixilancia Aduaneira rexistraron desde primeira hora da mañá desta quinta feira e procuran dados nos ordenadores de case todos os servizos do Concello, tamén nos da policía local. A actuación foi realizada por orde da xuíza Pilar de Lara, instrutora da operación Pokemon.

Segundo veñen de informar a televisión e a radio públicas, habería axentes revisando os despachos da alcaldía, nomeadamente o da secretaría particular do rexedor, Xosé López Orozco (PSdG), que non se atopa nas dependencias municipais. Realizando as súas funcións atópase estes días o secretario local desta formación política e concelleiro de Urbanismo, Luís Álvarez.

López Orozco ficou en liberdade sen fianza nin medidas cautelares en novembro de 2012, mais quedou imputado polos delitos de tráfico de influencias e aceptación de subornos en relación coa operación Pokemon contra a corrupción, após declarar durante máis de seis horas perante Pilar de Lara. Á saída dos xulgados Orozco recalcou a súa inocencia e mostrou o seu convencemento de que actuou correctamente ao non demitir como alcalde de Lugo. O socio no goberno municipal, o BNG, rachou o pacto após coñecer da imputación de Orozco.

Comentarios