Adif, Renfe e dúas aseguradoras persónanse no caso do tren sinistrado

Adif, Renfe e dúas aseguradoras persónanse no caso do tren sinistrado, informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Efectivos xudiciais realizaron unha "dilixencia" co móvil do maquinista antes de este prestar declaración perante o xuíz.

Algúns meios de comunicación manexaron estes días a hipótese de que o eventual despiste do maquinista, previo ao accidente, se producise ao estar a falar polo seu teléfone celular privado.

Isto é o que explicaría que hoxe, antes de prestar declaración perante o xuíz, se practicase nas dependencias xudiciais unha "dilixencia" co teléfone móvil do condutor do comboio.

O xuíz non decretou prisión de Francisco José Garzón, entre outras cousas porque ninguén o demandou, ao non se aprezar risco de fuga ou destrución de probas.

Comentarios