Institucións Penitenciarias concede o terceiro grao a Uribetxeberria

Após o estudo do informe médico, Institucións penitenciarias concede o terceiro grao ao preso Iosu Uribetxeberria.

O preso vasco enfermo de cancro terminal e en folga de fame desde hai dez días, Iosu Uribetxeberria, recibiu esta sexta o terceiro grao penitenciario, á espera de que a Xunta de Tratamento da cadea de Zaballa --na que cumpre condena-- determine nun informe a idoneidade de ser posto en liberdade condicional. Finalmente, deberá ser da Audiencia Nacional quen ditamine a súa liberación. 

 Pola súa banda, a presidenta da Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) --cuxas exixencias á Audiencia Nacional deron como froito a prohibición da manifestación convocada por Herrira--, acusou ao goberno de "traizón" por ter concedido ao preso vasco o terceiro grao penitenciario. Segundo Ángeles Pedraza,  a situación de Uribetxeberia é "irreversíbel" e non "terminal" --malia que os informes médicos e as probas ás que foi sometido o preso din o contrario--, polo que entende que a decisión de Institucións Penitenciarias constitúe unha "cesión do goberno a ETA". 

Comentarios