Punen o medio vasco Argia ao abeiro da 'Lei Mordaza'

Multan un xornalista deste medio en euskara, Axier López, por publicar na súa conta de twitter fotos dun operativo policial en Eibar; e a raíz dunha denuncia da comisaría de Donostia.

Axier argia
photo_camera Eis o chío polo que ao xornalista se lle impón 601 euros de multa

Axier López é o primeiro en Euskal Herria en ser multado ao abeiro da 'Lei Mordaza' e por exercer a súa profesión. Así o denuncia o propio medio onde traballa, Argia, que aponta a que “o goberno español castiga Argia por informar, empregando a Lei Mordaza”. Impónselle a este profesional unha sanción de 601 euros por publicar na súa conta de twitter imaxes dun operativo policial que decorreu a comezos de marzo en Eibar para deter unha activista, unha moza que en 2007 canda outros 4 compañeiros cortara a Auto-estrada A8 para protestar contra a ilegalización de 'Segi'.

Axier López, no desempeño do seu traballo, sinalan desde o semanario e dixital euskaldun, procedeu a cubrir o operativo, algo que tamén realizaban profesionais doutros medios. No momento da detención subiu as imaxes a través da súa conta de twitter. Isto derivou nunha denuncia contra el da Comisaría de Donostia.

López foi un dos rostros visíbeis da campaña 'Kazetaritza ez da delitua' (O xornalista non é delito), que decorreu o ano pasado e sumou o apoio de máis de 400 profesionais de País Vasco para denunciar os intentos de aplicación da Lei Mordaza a medios vascos.

Comentarios