A Audiencia Nacional prohibe a manifestación a prol de Iosu Uribetxeberría

O xuíz que leva o caso desde a Audiencia Nacional,  Santiago Pedraz, prohibiu a manifestación convocada pola plataforma para a defensa dos dereitos d@s pres@s vasc@s.
photo_camera Máis de 10.000 persoas exixiron a liberdade de Iosu en Donostia

A manifestación, convocada pola plataforma Herrira para este sábado, en solidariedade con Iosu Uribetxeberria e a prol da liberación d@s pres@s gravemente enferm@s vén de ser prohibida pola Audiencia Nacional española, argüíndo que "enxalza a loita armada". A decisión da Audiencia Nacional responde á petición da Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT).

Segundo o diario vasco Naiz, o ditame da Audiencia Nacional prohíbe a manifestación que tería lugar en Bilbo por incorrer nun "feito ilícito" ao "enxalzar ao que foi condenado como colaborador ou integrante da organización terrorista ETA" ao entenderen que a través da mobilización "xustifican ou amparan as actividades delitivas por el cometidas". A resolución da Audiencia Nacional baséase en informes da Ertzaintza nos que consideran a mobilización coma un acto de "favorecemento do terrorismo". 

Esta tarde prevese que Institucións Penitenciarias faga pública a resolución a respecto do preso arrasatearra, ao que lle poderían conceder a liberdade condicional debido o seu grave estado de saúde. Uribetxeberria, padece desde 2007 un crancro, que actualmente se atopa en fase de metástase. O equipo médico que o trata no hospital Donostia, asegurou no seu último informe que Iosu ten o 90% de posibilidade de falecer este ano. A súa familia, amig@s, avogada, así como a plataforma Herrira, exixen que sexa posto en liberdade de acordo co disposto polas leis españolas.

Comentarios