O esquecido estandarte do reino de Galicia

A galego-leonesa foi unha das primeiras monarquías europeas en utilizar símbolos heráldicos.
Estandarte do Reino da Galiza nunha obra datada do século XVI. (Foto: Museum Plantin-Moretus-Stedelijk Prentenkabinet)
photo_camera Estandarte do Reino da Galiza nunha obra datada do século XVI. (Foto: Museum Plantin-Moretus-Stedelijk Prentenkabinet)

Intencionadamente educados nos mitos do Cid e Almanzor pasando pola listaxe dos reis godos, o certo é que para xeracións de galegas e galegos resulta inconcibible o feito de Galicia ter sido un reino cunha identidade histórica digna de mención. É por iso que cómpre reivindicar enerxicamente un dos aspectos máis relevantes, á vez que ignorados, do noso pasado; o estandarte do reino de Galicia.

Hoxe sabemos que a galego-leonesa foi unha das primeiras monarquías europeas en utilizar símbolos heráldicos, pois xa desde o século XII os reis de Galicia-León usaban o león púrpura pasante como signum regis, visible en multitude de documentos reais como nas miniaturas do Tumbo A da catedral compostelá. Se en moitos países estes signos ―inicialmente unipersoais― se converterían en símbolos nacionais, no caso galego esta posibilidade truncaríase no ano 1230, cando o rei castelán Fernando III usurpaba o trono galego-leonés e cinguía o león púrpura ao castelo, símbolo de Castela.

Descoñecedor da fusión de ambos estandartes reais, para o anónimo heraldista que na Inglaterra de 1282 compilaba os estandartes reais europeos no armorial Segar’s Roll, a presenza das antigas armas do rei de Galicia ―nótese que non de León―, tivo que resultar tan anhelada como infrutuosa, polo que fnalmente, o compilador acabaría atribuíndo ao “rey de Galyce” un escudo con tres cálices (“calyces”) sobre fondo azur a través dun simple simil fonético. Unha confusión espallada por toda Europa ata que no século XV, estar armas serán fnalmente adoptadas na propia Galicia, así por concellos como pola Xunta do Reino posteriormente.

O copón dourado, ao que ornamentalmente se sumará un sementado de trevos e fnalmente de cruces, ata en número de seis, variará ao longo do tempo, chegando nos séculos XVII e XVIII a se representar decote como un relicario ou cáliz eucarístico, a fn de dotalo dunha aura relixiosa do que orixinalmente carecía. Unha imaxe que, malia a súa curta traxectoria, sería a escollida en 1984 como escudo ofcial da autonomía.

Con máis de 700 anos de historia, este símbolo histórico galego representa a testemuña máis visible da verdade sobre o noso pasado así como unha parte da nosa identidade que cómpre pór en valor.

Máis en Escudos do reino
Comentarios