Unha empresa 'amiga' da Xunta levará a xornada electoral, con salarios de 'minijobs'

CIG-Administración denuncia que a empresa INDRA, "adxudicataria de multitude de contratos coa Xunta", é a que se encarga de seleccionar o persoal para a xornada electoral.O persoal que vai traballar no complexo administrativo de San Caetano, cobrará entre os 200 e os 400 euros.
eleccions

"A empresa INDRA, adxudicataria de multitude de contratos e encomendas de xestión coa Xunta, é a que se encarga de seleccionar ao persoal. O traballo consiste en acudir dúas xornadas, a primeira consiste nun simulacro e a segunda é a propia xornada electoral. O persoal que vai traballar no complexo administrativo de San Caetano, cobrará entre os 200 e os 400 euros". Así de contundentes se manifesta a CIG-Administración nun comunicado sobre a organización da xornada electoral.

A central nacionalista apunta que "en principio só queren empregados e empregadas públicas (para que despois falen mal) mais moita xente botouse atrás no último momento, xa que había que facer un contrato laboral a través dunha Empresa de traballo temporal, e tiveron que tirar das listas do paro. Do tema da compatibilidade xa se encargaba INDRA de falar directamente con Función Pública e “se hai que rachar co contrato, faise e listo”, iso foi o que nos dixeron. Hai diversas categorías, telefonista, correo, persoal colaborador nas mesas electorais, etc. En función disto é polo que se cobra".

Cobrar

"Porque non todos cobran esa cantidade", sinala a CIG.  A central sindical nacionalista apunta a que "naturalmente, a formación do persoal elixido corre a cargo da "empresa seleccionadora" e inclúe unha xornada previa (un sábado de 08:45 a 14:30 h.) en que se realiza un simulacro xeral. No anuncio de INDRA informan de que o persoal colaborador seleccionado recibirá unha compensación económica polas tarefas de colaboración efectivamente realizadas, mais non din nada de que hai que facer un contrato laboral con xente que xa ten un posto de traballo e que lle pode traer algún problema de incompatibilidade".

Na CIG "esiximos publicamente que esa selección se faga entre as persoas en situación de desemprego, entre xente sen recursos, isto non sería novidoso pois xa hai concellos que o sorteo o fan entre os parados". 

Comentarios