O PP vulnera a lei electoral pedindo o voto desde as páxinas de La Voz Galicia

Máis un novo imcumprimento da normativa electora por parte do PP, que xa recibiu seis resolucións negativas da Xunta Electoral. A Lei electoral limita ao período de campaña electoral, que enceta esta quinta feira, o tempo no que os partidos poden pedir o voto.
Páxina de LVG co cartel do PP no que se pide o voto
photo_camera Páxina de LVG co cartel do PP no que se pide o voto

Despois de teren sido obxecto de seis resolucións da Xunta Electoral por vulnerar a Lei orgánica do réxime electoral xeral, o Partido Popular incorre nun novo incumprimento da normativa electoral. @s populares veñen de pedir o voto, cando inda non encetou o período de campaña electoral no que se permite facelo, ao inserir o que será o seu cartel electoral nas páxinas do xornal La Voz de Galicia e tamén na súa edición dixital.

A Xunta Electoral emitiu onte mesmo unha resolución na que obriga á Xunta a retirar a información publicada no seu portal web ao fío da participación do Presidente da Xunta no acto de incorporación de novos axentes á Policía Autonómica.

O gabinete de comunicación da Xunta cubriu o acto de Feijóo en Madrid

Alén dos incumprimentos xa mencionados, onte mesmo o gabinete de prensa da Xunta de Galiza era o encargado de emitir unha nota de prensa dando conta da participación de Feijóo nunha palestra pública en Madrid.

No acto, que tivo un evidente compoñente electoral, no que o candidato popular foi presentado por Mariano Rajoy, Feijóo fixo referencias explícitas ás eleccións do vindeiro 21-O, polo que procedería que a súa cobertura fose asumida polo gabinete de comunicación d@s populares e non polo do Goberno galego.

Comentarios