CxG presenta @s seus 75 candidat@s e AGE propón unha Lei de transparencia

Compromiso realizou un acto público en Dodro con tod@s @s integrantes das súas candidaturas. A coalición EU – Anova propuxo unha Lei de transparencia en reacción ao caso “Pokemon”.
Foto de familia con tod@s @s candidatos de CxG
photo_camera Foto de familia con tod@s @s candidatos de CxG

Logo de celebrar esta semana as súas xornadas programáticas, malia que inda non se coñece o seu programa cara o 21-O, Compromiso por Galicia presentou publicamente @s 75 candidat@s cos que concorrerá ás vindeiras eleccións galegas.

O acto desenvolveuse este sábado no Pazo de Lestrove, no concello de Dodro, onde se deron cita tod@s @s integrantes das candidaturas de CxG.

AGE propón unha Lei de transparencia

A cabalo do balbordo que xerou o caso “Pokemon” a Alternativa Galega de Esquerda fixo pública a súa intención de propor unha Lei de Transparencia. Con esa proposta a coalición de Esquerda Unida e Anova quere permitir que a cidadanía teña acceso aos expedientes de contratación e subvencións. Para velar polo cumprimento das medidas recollidas nesa lei proporán ademais a creación no Parlamento galego dunha “comisión de transparencia” presidida pola oposición.

Comentarios