sábado 29/01/22

'Venha Galiza! Povo galego manda ao caralho o mentireiro'

Tardou, mais finalmente apareceu. O colectivo Sei o que nos figestes... vén de sacar do prelo a parodia do tema de campaña do PP, Galicia primeiro, que lle compuxo o grupo Los Limones e onde prima a rima fácil e a linguaxe sexista. A nova versión chama á poboación galega a acudir ás urnas o 21 de outubro para votar por calquera forza política agás polo PP para termos "un goberno de esquerda". Facendo mofa do lema 'Por riba de todo Galicia primeiro', a letra da parodia demanda que "por riba de todo botemos ao Alberto".

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

'Venha Galiza! Povo galego manda ao caralho o mentireiro'
comentarios